--> 📣 Campaña de recollida de xoguetes de Nadal Fundación Amigos de Galicia | dic

0

en Avda Lopez Ballesteros 9, Vilagarcía. Inscripción recogida hasta el 20 de diciembre 



Campaña de recollida de xoguetes novos de Nadal Fundación Amigos de Galicia


Campaña da Fundación Amigos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro e prestadora de Servizos Sociais con número de rexistro E-2199 que axuda ás familias en risco de exclusión social, principalmente cando teñen menores ao seu cargo, porque os cativos e cativas son os máis vulnerables.

A campaña "Ningún neno sen xoguete" para que ningún neno e ningunha nena se queden se agasallos este Nadal. Para nos é moi importante que todos/as os/as nenos/as de Galicia teñan dereito a un regalo nestas fechas. Para as familias con recursos limitados, o Nadal supón un gasto económico que non poden afrontar e moitas familias non se poden permitir mercar un agasallo para os seus fillos/as. Por este motivo, a Fundación Amigos de Galicia fais unha recollida de xoguetes de nadal novos, coa colaboración de asociacións, tendas, cidadáns e centros escolares.

Os agasallos son entregados durante o mes de decembro para que as familias poidan colocar un regalos para os/as máis pequenos/as debaixo da árbore de Nadal o 6 de xaneiro.

Para isto poñémonos en contacto cos vostedes para informar que a Fundación Amigos de Galicia está levando a cabo unha campaña de recollida de xoguetes novos para todos os menores que atenden en Galicia, coa colaboración de Pintaletras, que será punto de recollida y realizará unha doazón de xoguetes da tenda.

Si tés en casa xoguetes novos que no utilizas, et queres face unha doazón, levalos a Avda Lopez Ballesteros 9, Vilagarcía de Arousa.


20dic
diciembre 2018

Publicar un comentario

 
Top