en Vilagarcía Cambados Vilanova. Entrada libre
I Concurso Literario Letras Galegas
Convocado e organizado pola Mesa das Verbas e o Centro Comercial Arousa
- Convócase este I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18, idea e organización da Mesa das Verbas e do Centro Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación literaria en lingua galega.
- Poderá participar neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta todas as decisións do xurado (que será elixido e conformado no seu día e oportunamente) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables.
- Cada persoa poderá presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera outro certame.
- A extensión máxima de cada obra será dun folio por unha soa cara. No reverso do folio figurará un número de teléfono de contacto. O folio non poderá conter ningún sinal de identificación, tan só pola parte de atrás figurará o teléfono de contacto.
- O prazo de entrega será ata o 17/04/2018 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa.
- Os premios non poderán declararse desertos.
- A entrega de premios terá lugar o xoves, 17 de maio de 2018, Día das Letras Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 20:00 h. na sala de xuntanzas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de Arousa.
- Os premios serán os seguintes: 1º PREMIO: 90 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma. 2º PREMIO: 40 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 40 €, e diploma. 3º PREMIO: 30 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 20 €, e diploma.
- Os autores ceden todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían de novo nos seus autores.
- As obras non premiadas poderán retirarse ata o 17/06/2018, acreditando debidamente ser a autora ou autor, despois desa data serán destruídas.
- A participación neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.
17mar, 18mar
marzo, abril 2018
Publicar un comentario