--> 🎵 Sés presenta Readmirando a condición | 7abr

0

21h sábado en Auditorio Vilagarcía. Entrada +14€


Sés, presenta "Readmirando a condición"


"Readmirando a condición" é o quinto traballo de SES no que a cantora coruñesa volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, "Admirando a condición", que publicara en 2011.

Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo-. Un total de doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

Este novo disco só se venderá nos concertos da banda e nesta web, ademais de en eventos puntuais que iremos anunciando nas nosas redes sociais

07abr
abril 2018

Publicar un comentario

 
Top