--> 📣 Pleno Municipal Vilagarcía | 26sep

0

17h jueves en Concello de Vilagarcía. Entrada libre 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA 


Orde do día dos asuntos a tratar na Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 26 de setembro de 2019, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA
  • 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 3 de setembro de 2019.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos nos meses de xullo e agosto de 2019.
  • 3. Toma de coñecemento da representación do Grupo Político Municipal do BNG en determinados órganos colexiados (nomeamento de suplentes).
  • 4. Toma de coñecemento da relación de investimentos, gastos correntes e actividades solicitadas ao Plan de obras e Servizos da Deputación Provincial (Plan Concellos 2018-2019-Anualidade 2019), así como da reinversión de baixa do Plan Concellos 2017.
  • 5. Aprobación, se procede, da determinación das festas de carácter local para o ano 2020.
  • 6. Aprobación, se procede, da Conta Xeral do Concello e do seu organismo autónomo (FPSDM), correspondente ao exercicio 2018.
  • 7. Exclusión, se procede, da empresa proposta para o contrato de servizos denominado "Servizo de axuda no fogar" e posterior adxudicación a favor da segunda empresa clasificada.
  • 8. Aprobación, se procede, do prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas para a adxudicación do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, denominado "Servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa".
  • 9. Aprobación definitiva, se procede, do Estudo de Detalle para Ordenación de volumes en parcelas de solo industrial na Avda. As Carolinas.
  • 10. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal de Marea da Vila de apoio á campaña emerxencia feminista, promovida polas organizacións de mulleres.
  • 12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do BNG sobre prevención e loita contra a violencia machista.
  • 13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal de Marea da Vila, sobre a declaración de emerxencia climática.
  • 14. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do BNG relativa á emerxencia climática e a mobilización do 27 de setembro polo clima.
  • 15. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal de Marea da Vila, sobre o impulso da mobilidade a pé e a incorporación de Vilagarcía de Arousa á "Rede de cidades que camiñan".
  • 16. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do PSG-PSOE sobre modificación horario do transporte escolar do CEIP de Rubiáns.
  • 17. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do PP sobre melloras na pista multiusos da Tomada – Carril.
  • 18. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do PP sobre melloras no Parque do Cavadelo.
  • 19. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal de Ciudadanos sobre creación dun circuíto de Pumptrack no barrio de A Florida.
  • 20. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal de Ciudadanos sobre estudo para a mellora do transporte público urbano.
  • 21. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
  • 22. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 23. Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
  • 24. Quenda de rogos e preguntas entre as persoas que asisten como público á sesión.
26sep 

Publicar un comentario

 
Top