--> 👪 Gymkana Infantil cos canciños da Protectora | 27sep

0

16h30-18h30 viernes en Liceo Casino. Entrada libre. Inscripción previa gratuita no whatsapp 655 96 91 62

Gymkana Infantil cos canciños da Protectora "Venres Polo Clima"  


Gymkana infantil. Inscríbete no whatsapp: 655 96 91 62

Arousa Moza tamén quere poñer o seu gran de area na loita contra o cambio climático e por iso preparamos un venres cheo de actividades para toda a familia, coas que concienciar e pasar un día diferente e divertido.

Ás 16.30 teremos unha gymkana infantil para rapaces de entre 6 e 14 anos. Ademais de aprender sobre accións individuais para a protección do medioambiente, tamén terán a oportunidade de interactuar cos canciños da Protectora de Vilagarcía. A actividade comezará no Liceo Casino e require de inscrición previa: https://forms.gle/jTqYTDxHYd1qzo157

Máis tarde, ás 21.30, o xa tradicional Concurso de Concursos, no Liceo Casino, tinguirase de verde, con preguntas do máis "eco-friendly". O saber coidar o medioambiente ten premio: entradas de cine, vales por libros, circuitos spa, viaxe a Madrid con entradas para o musical do Rei León e, por suposto, o premio gordo, unha semana para dúas persoas en Tenerife. ¿Que mellor que festexar a semana do clima visitando o Parque Nacional do Teide?

E se compartides esta publicación mencionando a Arousa Moza, darémosvos unha pista extra para facilitar as cousas e que sexades os mellores da noite.

27sep
septiembre 2019 

Publicar un comentario

 
Top