--> 📣 Arousa Verde: Concentración polo Clima!| 20sep

0

12h viernes en Ravella, Vilagarcía. Entrada y participación  libre. 

Arousa Verde: Concentración polo Planeta 


Bos días e bo martes a todxs! Que tal está indo está primeira semana do curso para moitxs? Tanto se seguides de vacacións ou levades xa moito tempo de volta á rutina, dende aquí desexámovos unha boa semana :)

Como xa comentamos por Instagram Stories hai unhas semanas, este venres 20 de setembro está convocada unha concentración polo planeta ás 12 do mediodía diante do Concello de Vilagarcía de Arousa, e esperamos veros a todxs alí con pancartas e moitas gañas de loitar contra a emerxencia climática! Se non podedes traer pancartas, nós levaremos unhas cantas tamén :)

Hoxe, con motivo da concentración do venres, queremos profundizar un pouquiño na historia do movemento ‘Fridays For Future’ ou a súa denominación en galego ‘Xuventude para o Clima’: O 20 de agosto de 2018, Greta Thunberg,inspirada pola Marcha para as nosas vidas levadas a cabo polos activistas adolescentes do Marjory Stoneman Douglas de Florida, decidiu non atender á escola até as eleccións xerais suecas do 9 de setembro de 2018, despois das vagas de calor e lumes incontrolados en Suecia. As súas esixencias eran que o goberno sueco reducira as emisións de carbono como obriga o Acordo de París, e a súa constancia inspirou a escolares a través do globo para participar en folgas de estudantes.

O 15 de marzo deste ano, folgas de estudantes, esixindo aos adultos a tomar responsabilidade e parar o cambio climático, tiveron lugar en máis de 2000 cidades por todo o mundo, cun número estimado de 1.14 millóns de pupilos arredor do mundo participando nestes eventos. Incluso na Antártida, que non ten escolas, sete científicxs tiveron un ‘rally’ de apoio á causa no instituto Alfred Wegener, Neumayer-Station III.

Xuventude para o Clima anunciou dous folgas internacionais este setembro. Unha folga estudiantil o 20 de setembro, tres días antes dun cume da ONU pola emerxencia climática, e unha folga xeral o 27 da semana seguinte.💚 #fridaysforfuture #20s #fridaysforfutureosalnes #folgapoloclima #fff #xuventudepoloclima #thereisnoplanetb #nonhaiplanetab #atopeconelplaneta
.
deseño: @irrpereira

20sep
septiembre 2019

  • 10h INFANTIL Circuito educación vial. Policia Local | 10h-13h Fexdega
  • 17h RUTA en bici por la futura ciclovía de Vilagarcía. Asoc Arousa Bici | Pza Independencia 
  • 18h TALLER Reparación de bicis (Semana da Movilidade). Moto Bazar | Pza Independencia 
  • 19h RUTA histórica a pie por Vilagarcía | Pza Independencia 
  • 20h EXPO Inauguración Acuarelas de Verònika Sabina. Faiado da Memoria | Ravella 27
  • 20h30 ACTO Concentración de repulsa polo asesinato de tres mulleres | Praza Galicia
  • 21h CINE "La Pazza Gioia". Cine Clube Ádega | Salón García. 4€ 


Publicar un comentario

 
Top