--> INSCRIPCIÓN Desfile de Entroido e Concurso de Comparsas | feb

0
en Vilagarcía. Participación libre.

INSCRIPCIÓN Desfile de Entroido e Concurso de Comparsas 

Comeza o prazo para apuntarse nas actividades de Entroido en Vilagarcía.

Participación no Desfile de Entroido 


As inscricións deberán realizarse nas dependencias da Concellería de Cultura, sitas no Auditorio Municipal, de luns a venres en horario de 9 a 13.30 horas. O prazo rematará o mesmo día do desfile, o 25 de febreiro, ás 12 do mediodía. Os participantes deberán cumprir todos os requisitos que se establecen nas bases.
Modalidades: infantil (ata 13 anos), adultos (a partir de 14 anos) e grupos.
Nas dúas primeiras haberá categoría individual e de parellas, con tres premios en cada. O importe dos mesmos oscila entre os 50 e os 150 euros. Os premios máis cuantiosos son os da modalidade de grupos, que conta coas categorías de ata 20 compoñentes e de máis de 20. En cada unha delas entregaranse tres premios de entre 300 e 1.300 euros. A estas engádese o accésit de 1.000 euros para a modalidade de choqueiros, suma que se distribuirá entre os participantes, segundo acorde o xurado, e que poden concursar individualmente, en parella ou en grupo.

As formacións que acudan con carrozas ou vehículos, deberán indicalo previamente e cumprir os requisitos de dimensións, seguridade e permisos que se establecen nas bases.

En todos os casos, o xurado avaliará aspectos como a animación, espectacularidade, orixinalidade, espontaneidade, conxunción e animación musical.

E para potenciar a espectacularidade e, especialmente a animación, tamén dende o ano pasado se ofrece á posibilidade de que participen no desfile as comparsas de Entroido, que tamén deberán inscribirse e que recibirán unha achega de 300 euros.

PREMIOS: 

Categoría INFANTIL: (Ata 13 anos):

INDIVIDUAL INFANTIL:
PRIMEIRO 100,00€
SEGUNDO 75,00€
TERCEIRO 50,00€

PARELLA INFANTIL:
PRIMEIRO 150,00€
SEGUNDO 100,00€
TERCEIRO 75,00€

Categoría ADULTO: (A partir de 14 anos):

INDIVIDUAL ADULTO:
PRIMEIRO 100,00€
SEGUNDO 75,00€
TERCEIRO 50,00€

PARELLA ADULTO:
PRIMEIRO 150,00€
SEGUNDO 100,00€
TERCEIRO 75,00€

Categoría GRUPOS:

GRUPO ATA 20 COMPOÑENTES:
PRIMEIRO 800,00€
SEGUNDO 500,00€
TERCEIRO 300,00€

GRUPO MÁIS DE 20 COMPOÑENTES:
PRIMEIRO 1.300,00€
SEGUNDO 800,00€
TERCEIRO 500,00€

Accésit Choqueiros: 

1.000€, para se, en caso de que houbera choqueiros nas distintas categorías; individuais,
parella, grupos, poidan percibir algún premio, segundo acorde o xurado do desfile

Comparsas 

Aquelas comparsas que participen no festival de Comparsas e que a súa vez desexen formar parte do desfile do martes de Entroido (25 de febreiro) deberán indícalo na ficha de inscrición. A cantidade que percibirán será de 300,00€, previa presentación de factura.


Participación no Concurso de Comparsas 


As agrupacións musicais (maximo dez agrupacións) que desexen participar no Entroido de Vilagarcía poderán inscribirse a partir do xoves, 6 de febreiro ata o 14 de febreiro, no certame de comparsas que este ano recupera a modalidade de concurso e eleva a contía económica dos catro premios que se concederán ás mellores actuacións.
Ademais de ter formalizada a inscrición, son requisitos indispensables para participar que as agrupacións conten, como mínimo, con 25 integrantes, estean representados por un maior de idade, ofrecer unha actuación de entre 15 e 20 minutos e entregar na concellería copa das letras das coplillas antes do 20 de febreiro.

PREMIOS: 

I1º PREMIO: 1.200,00€ e diploma
2º PREMIO: 900,00€ e diploma
3º PREMIO: 600,00€ e diploma
4º PREMIO 300,00€ e diploma

Independentemente do concurso, as comparsas que tamén desexen participar no desfile de disfraces e carrozas do martes de Entroido, o 25 de febreiro, recibirán unha compensación económica de 300 euros.

Ficha inscripción para desfile entroido

Ficha inscripción para concurso comparsas



febrero 05feb
2020
🎭 escena, 🎇 fiesta, 🏬 promo, 📣 anuncio, 📆 celebración, carnaval,




Publicar un comentario

 
Top