--> CONCURSO de Cartas de Amor en Centro Comercial Arousa | -14feb

0
ahsta 14febrero 2020 en Centro Comercial Arousa, Vilagarcía. Participación libre.

CONCURSO de Cartas de Amor en Centro Comercial Arousa 


Co motivo do famoso “Día dos Namorados”, e aproveitando que os nosos amigos da MESA DAS VERBAS , o próximo sábado 15, (como xa é tradición), farán a súa xuntanza de San Valentín, no Centro Comercial Arousa, convocámo-lo 3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR!!!!

As cartas deben ser ORIXINAIS, en poesía ou en prosa, en galego ou castelán, non máis longas dun folio por unha soa cara, e ANÓNIMAS, (pero co número de teléfono no dorso).

Deberán meterse na urna que xa temos posta nas escaleiras mecánicas centrais, na 1ª planta do Centro Comercial Arousa, dende mañán, ata o día 13 de febreiro as 24:00 horas.

Un xurado da Mesa das Verbas, elexirá as tres mellores, e a os tres autores que gañen, se lles entregará o sábado 15, un cheque regalo de 50,00€ para a carta gañadora, de 30,00€ para a 2ª mellor carta, e de 20,00€ para a 3ª.

Os cheques regalo serán para gastar en calquera establecemento do Centro Comercial Arousa.

Eles “ceibarán os seus versos ó ceo” dende a Sá de Xuntanzas do 3º andar do Centro Comercial Arousa, o sábado 15 de febreiro, as 19:00 horas.

Tamén faremos outro CONCURSO DE CARTAS DE AMOR EN FACEBOOK!!!

Xa podes mandar a túa carta de amor nun comentario a esta noticia, e a carta que máis “me gusta” teña o día dos namorados, 14 de febreiro, as 24:00 horas, levará outro cheque regalo de 25,00€!!!

Que as musas vos axuden!!!

14feb
febrero 2020
🏬 promo, 📣 anuncio, destacado, inscripción




Publicar un comentario

 
Top