--> TEATRO As Virxes Salvaxes | 15feb

0
en Vilagarcía. Entrada? 

TEATRO As Virxes Salvaxes  

De Eduardo Alonso
Unha comedia xeriátrica.

As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución.

Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma.

De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.

Teatro do Noroeste

Organiza: Agadic

15feb
febrero 2020
🎭 escena






“A comedia máis disparatada da temporada teatral!”


LOURDES. Luma Gómez
Que non teña moi claro que é non lle impide moverse con
soltura polo seu reducido mundo residencial. Xa non cumpre
os sesenta e oito, máis ela síntese nova e disposta a vivir o
que veña. Como ten esquecido o anterior, soamente percebe
o futuro e cavila gozalo intensamente. 

CARMIÑA. Rosa Álvarez
A cadeira de rodas na que está recluída non lle é impedimento para nada. O que lle amola son os moitos anos que
ten e os quilos que colleu, polo demais, todo vai ben. Iso si,
ten unha estraña obsesión con algo do firmamento, máis,
sendo como son as cousas, quen non che está obsesionado
con algo. 

MARUXA. Elina Luances
Aos seus setenta e tantos anos aínda conserva o fero comportamento das mulleres sindicalistas da Bazán do seu Ferrol
natal. Ten, iso si, esquecidos aqueles anos, máis, ás veces,
agrómanlle por entre os ollos sen que ela se decate. Sinte a
imperiosa necesidade de empurrar de todo cara adiante e a
elo aplícase sen máis análise nin demora. 

SATURIO. Miguel Pernas
El xa nin se lembra pero hai moitos anos fora Director Xeral
do Banco Central. Agora é un vello verde e chaíñas pero iso
si, cheo de vida e enerxía, sobre todo para as súas cousas:
asustar a vellas incautas. Ten un certo encanto eslamiado
que seguramente provén da maldade que aínda atesoura na
súa alma.  

DOUTORA Imma António
Muller de mediana idade, podería parecer a máis normal
e estable de todas as personaxes máis, como adoita acontecer con frecuencia, as aparencias enganan. Concretando,
seguramente é a menos normal e a máis desequilibrada de
todas elas, pero ten a autoridade competente, e iso da moita
apostura. 

ADELA Ana Santos
É a novata, ou dito doutro xeito, é a máis nova das vellas.
Ten, como algunhas mulleres maiores, unha excesiva dependencia da súa familia, concretamente da súa filla, máis, aínda que pareza raro, as familias cambian, non é moi habitual,
pero ás veces cambian e son outras. E iso é o que a ela lle
acontece. 

FILLA Manuela Varela
Vive no mundo, pero o mundo é demasiado para ela. É incapaz de entendelo. É incapaz de abarcalo. É incapaz de dominalo. É incapaz. Como moitas mulleres da súa idade, trinta
e tantos, cerca dos corenta, está empezando a decatarse de
que a vida é unha cadea. Así de simple, unha auténtica trampa para incautos. 

BERNARDO Fernándo González
Rapaz espelido que fai as funcións de enfermeiro pero el ten
unha vocación interior: compoñer poesías. Así que elabora
unhas poesías absurdas e incomprensibles que, curiosamente, fan as delicias dos vellos do lugar que as escoitan con
devoción case relixiosa e as aplauden con desbordado entusiasmo. Unha desas inexplicables relacións que, ás veces, no
mundo se dan. 

Escrito e dirixido por Eduardo Alonso
Autor, adaptador e, sobre todo, director teatral. Con máis de 45 espectáculos as súas costas e múltiples premios, escribe e dirixe esta peza coa boa man que ten para a comedia
e os seus ritmos

Producido por Teatro do Noroeste
Teatro do Noroeste cumpriu hai un par de anos as súas trinta primaveras e con esta comedia xa son 40 os espectáculos profesionais feitos por esta compañía

Distribución
correo@teatrodonoroeste.com
629814297
www.teatrodonoroeste.com 

Publicar un comentario

 
Top