--> 🏃 Excursión a Santiago 'Expo Pensar coas Mans' louza de Bamio | 8jun

0

desde Bamio, Vilagarcía. Inscripción previa. Entrada libre | org: Asoc MMRR Bamio 


Excursión a Santiago 'Expo Pensar coas Mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia' (con pezas procedentes de Bamio) 

Organiza: Asociación de Mulleres Rurais de Bamio. Proxecto Louceir@s de Bamio. GIDEP Universidade de Vigo

Temos o pracer de informar que próximo día 8 de xuño pola tarde, a asociación Mulleres Rurais de Bamio, organiza unha excursión á CDC de Galicia en Santiago de Compostela para visitar a exposición #PensarCoasMans, onde xunto con pezas procedentes de alfares de toda Galicia, están expostas algunhas pezas de #LouzadeBamio.

O grupo será recibido e guiado pola propia comisaria da exposición Verónica Santos. Ademáis ese día haberá demostracións de torneado cerámico de balde e outras sorpresas.

A excursión e a visita son #deBalde pero é precisa a inscrición. Temos #50prazas con prioridade para a veciñanza de Bamio (Reservade no tfno 634847638). #Bulide!!!!

+ info sobre a expo:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/pensar-coas-mans-cesteria-ceramica-e-xoieria-de-galicia

Na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, exponse unha antoloxía selecta de 250 pezas artesanais de cesteria, cerámica e xoiería de Galicia, entre as que atópanse 2 Pezas de louza creadas en Bamio, unha xerra, e un cántaro. Pódese visitar a expo de balde dende o 12 de abril ata o 08 de septiembre de 2019 e cada fin de semana haberá diferentes obradoiros. #LouceirosdeBamio #PensarcoasMans 

08jun
junio 2019

 


Publicar un comentario

 
Top