20h viernes en Seminario Auditorio Vilagarcía. Entrada libre
Asamblea aberta MareaDaVila
Marea da Vila é un espazo que nace con vocación cidadá, por iso as asembleas están pensadas
para a participación da veciñanza, en igualdade e na busca dun consenso amplo sobre o que
construír unha alternativa para Vilagarcía. Entre os puntos a tratar na asemblea deste venres,
está a aprobación do manifesto fundacional de Marea da Vila que supón unha porta aberta á
participación e o apoio das persoas que sintan como súas as liñas fundacionais deste espazo.
Facemos un chamamento, a veciñanza e axentes sociais, a sumar e traballar para que a partir
de maio o Concello de Vilagarcía sexa tamén o Concello da xente, tal e como veñen amosando
os concellos que se gañaron para a cidadanía en maio de 2015 #MareaDaVila
30nov
noviembre 2018
Publicar un comentario