Promoción da 51 festa do Cocido de Lalín na Praza de Abastos de Vilagarcía, este acto foma parte do percorrido promocional do Cocido polas principais prazas de abastos de Galicia,
O Concello de Lalín iniciu a promoción da 51 Feira do Cocido de Lalín na Praza de Abastos de Pontevedra, nunha iniciativa que ao longo das vindeiras semanas se achegará aos mercados doutras cidades e vilas galegas e que está patrocinado por Gadis, Abanca e Coren.
O acto, que deu comezo ao percorrido promocional do Cocido polas principais prazas de abastos de Galicia, foi un éxito absoluto a todos os niveis e demostra que esta novidosa iniciativa que substituiu ao bus do cocido foi un acerto. Ao longo da mañá foron centos os pontevedreses e os turistas que se achegaron ao escenario da promoción a solicitar información sobre Lalín e sobre a Feira, así como a degustar as tapas que se serviron ao público.
Anabel Gulías, Vilariño e Cuíña coincidiron en sinalar a boa sintonía existente entre os concellos de Lalín e Pontevdra, factor, entre outros, determinante para dar inicio ao actos de promoción nesta cidade. Os representantes municipais destacaron a fortaleza do Cocido como elemento de atracción de visitantes e prato que serve para situar a Lalín no mapa.
A presentación desta mañá serviu para dar inicio aos diferentes actos promocionais que permitirán difundir o festexo gastronómico e os atractivos turísticos de Lalín polas principais cidades de Galicia a través dos seus mercados de abastos. O Goberno municipal optou este ano por esta proposta novidosa para dar a coñecer o Cocido e os recursos turísticos da nosa Vila. Concretamente, a iniciativa consistirá na realización dun percorrido por 6 das principais e máis coñecidas prazas de abastos do país, onde se realizará unha presentación da Feira, patrocinada por GADIS e coa colaboración de ABANCA e COREN, acompañada de cociña en directo por parte de cociñeiros lalinenses e de degustacións gratuítas de tapas baseadas no Cocido e nos produtos de Lalín, que permitirán -ao mesmo tempo- poñer en valor a elevada calidade da nosa hostalería e os novos valores da cociña lalinense. Os actos sempre se acompañarán dunha ampla mostra do produto feito en Lalín, complementando de maneira ideal esta campaña de promoción, así como en xeral a oferta comercial do municipio.
A intensa campaña promocional desenvolverase durante as próximas semanas e levará o Cocido aos mercados de abastos máis importantes de Galicia, que non só funcionan como motores do comercio local, senón que incluso o fan como centros de atracción de visitantes. O programa empezou en Pontevedra, e tamén chegará a Vilagarcía, A Coruña, Vigo, Lugo e Santiago de Compostela. Trátase, en todos os casos, de mercados moi recoñecidos e de contrastada afluencia de público, o que garantirá unha promoción eficaz do evento chegando, ademais, a unha gran cantidade de público obxectivo susceptible de achegarase posteriormente á Feira, que se celebra o día 24 de febreiro.
As sesións promocionais están coidadas ao detalle e organizadas de tal modo que capten a atención dos cidadáns que acoden ás prazas. Deste xeito, colocarase un set gastronómico con acabados en madeira e de deseño atractivo e versátil con cociña incorporada e espazo para a realización de difusión turística, que tamén contará con todo o material de promoción turística e cultural do Concello (rueiro, todos os folletos sobre os diferentes atractivos turísticos de Lalín) e unha pantalla de televisión para a emisión dos diferentes vídeos promocionais do municipio, entre outros recursos.
26ene
enero 2019
xaneiro
Suscríbete a Arousa TV por correo
Publicar un comentario