--> CERRADO EXPO 'Elas' Andrea F Maneiro y Jose Cuervo | 5-27mar

0
en Escola de Idiomas, Vilagarcía. Entrada libre 

CERRADO EXPO 'Elas' poemas de Andrea F Maneiro y fotografía de Jose Cuervo 


Si queredes e vos apetece estaremos no Salón de actos da Escola de Idionas de Vilagarcía.
Aproveitamos para agradecerlle á Escola e en especial a Maite o seu cariño con este proxecto.


A Escola Oficial de Idiomas comunica a celebración da próxima actividade do centro por mor da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Este ano a EOI organiza unha Exposición de Fotografía e Poesía baixo o título: ELAS, que estará dispoñible na planta baixa do noso centro do 5 ao 27 de marzo.

Esta exposición componse de 11 imaxes de mulleres vietnamitas do fotógrafo Jose Cuervo e son acompañadas polos poemas en galego, con estrutura de haiku, de Andrea Fdez. Maneiro.

Ademais, o luns 9 de marzo ás 19.00h realizaremos un acto de presentación da exposición no Salón de Actos da EOI no que nos acompañarán Jose Cuervo e Andrea Fdez. Maneiro, que incluirá unha visita dixital guiada.

Agradeceríavos que lle deades difusión tanto á exposición como a presentación, na que agardamos poder contar coa vosa presenza.

Trala presentación e mentres dure a exposición, tentaranse desenvolver algún tipo de actividade lingüística co noso alumnado axustadas aos niveis de lingua en cada grupo dos idiomas que se imparten no centro, sempre encaixándoos nas posibilidades que as programacións didácticas nos ofrecen.

A proposta das xefaturas de departamento da Escola, Jose Cuervo e Andrea Fernández Maneiro foron entrevistas dos para que a conversa sexa usada, se é posible, como material para practicar a nova destreza avaliable neste curso, a mediación lingüística.

Para escoitar á entrevista só hai que acceder á canle de radio da Biblioteca da EOI  no seguinte enlace:

https://www.ivoox.com/dia-internacional-da-muller-promocion-exposicion-elas-
audios-mp3_rf_47869870_1.html

Agardamos poder contar coa vosa presenza o luns, 5 de marzo, ás 10 horas no
salón de actos da Escola.



09mar, 10mar, 11mar, 12mar, 13mar, 14mar, 15mar, 16mar, 17mar, 18 mar, 19 mar, 20 mar
marzo 2020, mujer, 8M 
🎨 exposición



Publicar un comentario

 
Top