--> TEATRO Medida por Medida | 4abr

0
21h sábado en Auditorio Vilagarcía. Entrada +5€ 

TEATRO Medida por Medida 


Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella , a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante.

Neste 15º aniversario da sua fundación, Excéntricas convida novamente un autor que nunca pasa de moda para colaborar no novo espectáculo. Trátase de William Shakespeare, que xa ficara moi satisfeito da anterior colaboración, o triunfante espectáculo "Shakespeare para ignorantes". Lembramos a William despois da función no festival de Almagro con bágoas nos ollos: "Asi! Así! Por fin alguén entende a miña obra" Aquel era un espectáculo de fragmentos escollidos, nesta ocasión imos por na escena unha obra enteira, a sofocante, divertida, enigmática e vitriólica: "Medida x Medida", unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre. No reparto estarán Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira (que xa protagonizaran Shakespeare para ignorantes) e na dirección Quico Cadaval que xa colaborara co autor inglés na exitosa Noite de Reis do CDG. A escenografía e o vestiario serán de Suso Montero, que colabora de novo con Excéntricas tras “A Cabeza do Dragón”, a dirección musical de Bernardo Martínez (que tamén estará en escena) e o deseño de iluminación de Dani Juncal.

"Medida x Medida" é unha produción de Excéntricas en coprodución co FIOT. A estrea será o venres 04 de outubro ás 21;:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo e haberña unha segunda función o sábado 05 ás 20:30 horas.

Tras Carballo, a xira continuará neste 2019 por Pontevedra (10 outubro), Arteixo (11 outubro), Muros (12 outubro) e O Barco de Valdeorras (29 de novembro).


Trala primeira exitosa parte da xira, xa podemos confirmar as primeiras datas da xira 2020  de MEDIDA X MEDIDA, a derradeira comedia negra de Shakespeare, según a visión de Quico Cadaval e que conta cun elenco de luxo: Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Josito Porto, Víctor Mosqueira, María Costas e Santi Romay.

21 e 22 de febreiro en Compostela
12 de marzo en Lugo
13 de marzo en Ames
28 de marzo en Vimianzo
04 de abril en Vilagarcía
17 de abril en Vigo
08 de maio en A Estrada

Nas vindeiras semanas confirmaremos novas datas.

Organiza: Agadic

04abr
abril 2020
🎭 escena




Publicar un comentario

 
Top