21h sábado en Auditorio Vilagarcía. Entrada 5€
“Tabú” é o novo espectáculo de Carmen Conde, producido por Tarabela Creativa, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
n show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.
Música en vivo: Nastasia Zürcher.
Deseño sonoro: Ezequiel Orol.
Produción: Diego Gallego.
Organiza: Agadic
Tarabela Creativa:
Nós somos da terra. Concretamente da terra negra, da húmida, daquela na que se medra. A que é abundante en organismos e que polo tanto está disposta para sementar.
A nosa semente non é común. Nós collemos o sacho para facer reguiños ben rectos e cultivar historias.
Ás veces a xeito de guión. Outras, a xeito de dramaturxia. Ó final, en calquera caso, sempre está a nosa pequena produción. Que sae da nosa leira para distribuirse con mimo por toda a parroquia.
Somos humildes. Somos da terra. Nós somos Tarabela.
18abr
abril 2020
🎭 escena
CANCELADO TEATRO Tabú

Publicar un comentario