21h viernes, comedia en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre
Ibuprofeno Teatro "O Furancho"
O furancho (2015)
Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.Categoría: En cartel, Comedia, Contemporáneo, Familiar
Duración: 80'
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Premios: Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premio María Casares 2016 ao Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco)
Sinopse
No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.
Ficha artística
Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO
Texto e Dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO
Movemento escénico: CARMELA BUENO
Deseño de iluminación: SALVADOR DEL RÍO
Imaxe: DIEGO SEIXO
Deseño de vestiario: MARIÁN BAÑOBRE
Realización de vestiario: MARÍA NEGREIRA (CDG)
Zocos: ELENA FERRO
Deseño do espazo escénico: SANTIAGO CORTEGOSO E MARIÁN BAÑOBRE
Deseño de son: QUITO
Música: RADIO COS
Cobertura técnica: NINGURES PRODUCIÓN
Produción: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DA AAAG E O CDG
30ago
agosto 2019
Publicar un comentario