en Vilagarcía. Entrada 0€-10€
Semana de Cine. Cine Clube Ádega
Este ano adicada á relación entre o cinema e a música con motivo do Ano da Música 2019
Organiza: Cine Clube Ádega
Todos os eventos son de balde, con entrada libre, coa excepción do obradoiro (10€) e das catro películas que se proxectarán no Salón García (4€ c/u ou abono de 10€ para ver as catro)
Os socios do Cine Clube Ádega entran de balde presentando o carnet.
VENTA
. Venta de abonos para películas, anticipada 10 días antes en: La Malquerida, Miúdo, La Bolsa, Churruca Gastrotaberna
. Para inscribirse no obradoiro de videoclips, no enlace >>
https://bit.ly/2JS8kPm
Mais información na web:
https://www.cineclubeadega.com/
PROGRAMA
SÁBADO 27JUL
SALA DE CONFERENCIAS AUDITORIO19h00 Obradoiro Videoclips. Javi Camino
Os puntos mais importantes para facer un bo videoclip
.Tipos de cámaras e lentes máis usadas
.Cómo facer as mellores tomas
.Configuración cámara
.Iluminación
Inscripción:
A ALAMEDA
21h Obradoiro Videoclips. Javi Camino: Práctica de Gravación ao músicos e bailaríns no concerto de Swing
21h Concerto “The Swinging Flamingos”
Mesturan a vibrante enerxía do swing con elegancia, e buscan trasladar a un formato reducido a esencia das big bands norteamericanas. Diso encárganse Alex Salgueiro ao órgano hammond, Antonio Otero á voz e saxo tenor e Chus Pazos á batería.
Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe
que The Swinging Flamingos ofrécenos.
21h30 Clase de iniciación al baile Swing. Escola SwingOn
Se nunca bailaches swing, non te preocupes… que che ensinamos a dar os pasisños de lindy hop, shag, vintage jazz…
22h30 Concerto “The Swinging Flamingos” 2º pase
Despois da clase de baile, lánzate á pista de baile, déixate levar e goza dun espectáculo cheo de
enerxía, swing e bo humor, que fará que che esquezas de todo e goces do espectáculo.
00h Pinchada Swing
DOMINGO 28JUL
A BALDOSA13h Clandestino Swing
13h Obradoiro Videoclips. Javi Camino: Práctica de Gravación ao músicos e bailaríns para obradoiro videoclip.
PRAIA COMPOSTELA
20h Concierto “The Manueles” Música Surf Instrumental
The Manueles, é un grupo de SURF ROCK que repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo na California de finais do 50’s. Manuel Freitas, emigrante de Beluso en California, creou o grupo xerme do estilo sen chegar a gravar nunca un disco, The Black Rinchas. A pesar do seu nulo legado discográfico a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dálle e mesmo ao pioneiro da guitarra eléctrica Link Wray.
The Manueles son: Virxilio da Silva: guitarra/ Juansi Santome: baixo/ Chus Pazos: batería/
23h PRAIA DE CINE. Longametraxe: Psycho Beach Party
Unha adolescente cun beizo leporino, un rapaz con soriasis, un mozo cun só testículo... Nas praias de
Malibú dos anos 60 un asasino está a acabar cos mozos e mozas que teñen algún trazo que os fai
diferentes aos demais. “Yogurcito” é unha aspirante a surfeira con múltiples personalidades que se
converte na principal sospeitosa. Pode ser ela a homicida sen sabelo? Será a súa nai coa súa aversión
polos homes a que está detrás dos crimes? Ou quizais algún dos surfeiros?
É unha divertidísima mestura de varios xéneros cinematográficos de Hollywood e cunha banda sonora dos mellores grupos modernos de música surf (os Straijackets, The Fathoms...) que nos farán bailar mentres nos rimos a gargalladas.
Duración: 95 min. Xénero: Comedia de terror.
Non recomendada a menores de 18 anos.
Entrada: Aberta ao público.
LUNES 29JUL
REI DAVIÑA11h30-13h30 / 18h-20h Festivaliño: Proxección de curtametraxes para nenos. Info e Promo da Semana de Cine
19h A Música da Auga: A banda Sonora dun Mar de Cine. Anxo Moure e Servando Barreiro
SALÓN GARCÍA
21h30 Longametraxe: Border
Tina é unha axente de aduanas recoñecida pola súa eficiencia e polo seu extraordinario olfacto. Dá a
impresión de poder cheirar a culpabilidade dun individuo. Pero cando Vore, un home aparentemente
sospeitoso, pasa xunto a ela, as súas habilidades póñense a proba por primeira vez. Tina sabe que Vore oculta algo, pero non logra identificar que é.
Insólita película sobre as emocións, provoca sucesivamente risas nerviosas, estupor e moita fascinación.
Premio mellor película no Festival de Cannes na sección Un Certain Regard
Duración: 101 min Xénero: Drama
Venda de entradas no Salón García a partir das 19:30 hs o día da proxección.
Venda de abonos anticipado: La Malquerida, Gastrotaberna Churruca, Muido Rock Bar y La Bolsa.
Prezos: Non Socios: Cuota participativa de 4€/sesión
Abono para 4 películas: 10€
Entrada de balde para os socios
MARTES 30JUL
REI DAVIÑA
11h30-13h30 / 18h-20h Festivaliño: Proxección de curtametraxes para nenos. Info e Promo da Semana de Cine
SALA DE CONFERENCIAS AUDITORIO
17h-19h Obradoiro de Videoclips con Javi Camino: Seguimento dos traballos de montaxe.
SALÓN GARCÍA
20h SON de CINE. XORNADAS de CINEMA e MÚSICA, Título: “Creadores (Artistas): dereitos e obrigas”
. Está a industria audiovisual preparada para o cambio feminista?
. Qué dereitos teño sobre a miña obra cando comparto nas redes sociais?
. O novo estatuto de artistas e a nova lei de espectáculos. Cómo nos afectan?
Modera: Carlos Crespo (Periodista)
Convidados:
. Patricia Hermida, Nikita Rider (Manager)
. Ania González (Abogada, Crítica, Derecho de la Cultura)
. Paula Cons (Directora “A batalla descoñecida”, membro de CIMA)
. Cruz López (Xestora Cultural, Rede GaliciaLe)
Entrada: Aberta ao público ata completar aforo
21h30 Longametraxe: Entre dos aguas
Isra e Cheíto son dous irmáns que tomaron camiños moi diferentes na vida. Cando Isra sae do cárcere e Cheíto termina unha longa misión enrolado na Mariña, ambos regresan á Illa de San Fernando. O
reencontro dos irmáns renovará o recordo da morte violenta do seu pai cando eran nenos; a necesidade de retomar as súas vidas e reconciliarse con eles mesmos uniralles de novo. Doce anos despois de “A Lenda do Tempo”, Isaki Lacuesta volve a San Fernando.
Solapa o documental e a ficción e nos ofrece un reflexo palpitante e cheo de vida do país no que
vivimos.
É a película española do 2018 con Festival de San Sebastián: Concha de Oro - mejor película, Festival de Mar del Plata: Mejor película y actor (Gómez Romero)
Duración: 136 min. Xenero: Drama
Venda de entradas no Salón García a partir das 19:30 hs o día da proxección.
MIÉRCOLES 31JUL
REI DAVIÑA
11h30-13h30 / 18h-20h Festivaliño: Proxección de curtametraxes para nenos. Info e Promo da Semana de Cine
SALÓN GARCÍA
20h00 SON de CINE. XORNADAS de CINEMA e MÚSICA: Título: A qué soa o cinema?
A banda sonora como vehículo de emocións.
Modera: Moncho Lemos (Crítico e periodista)
Convidados:
. Susana Saavedra (Agorafobia)
. Manu Riveiro (Compositor de Cine)
. Anxo Moure (Creador e contador de historias)
. Brais González (Kaspervek Trío)
Entrada: Aberta ao público ata completar aforo
21h30 Longametraxe: Leto
Leningrado, un verán a principios dos 80: a escena do rock da cidade está en pleno apoxeo. Viktor Tsoï, un mozo músico que creceu escoitando a Led Zeppelin, T- Rex e David Bowie, está a tratar de facerse un nome. O encontro co seu ídolo Mike e a súa esposa, a bela Natacha, cambiará o seu destino. Xuntos construirán unha lenda como pioneiros do rock ruso.
Duración: 128 min. Xénero: Drama
Venda de entradas no Salón García a partir das 19:30 hs o día da proxección.
Prezos: Non Socios: Cuota participativa de 4€/sesión
Abono para 4 películas: 10€
Entrada de balde para os socios
JUEVES 01AGO
REI DAVIÑA19h Cineceta: "Cóntame un cine" con Anxo Moure e Brais do Bosque (Os Mouros Moure)
Paseo da “Cinecleta” polas rúas de Vilagarcía e a actividade de interacción co público “Cóntame
un cine”
SALÓN GARCÍA
21h30 Longametraxe: Ruben Brand, coleccionista.
El psicoterapeuta Ruben Brandt sufre pesadillas violentas inspiradas en 13 obras de arte famosas, como Retrato del cartero Joseph Roulin de Van Gogh, la Venus of Urbino, de Tiziano, o Mujer con libro de Picasso. Cuatro de sus pacientes, que son ladrones expertos, se ofrecen para robar todas esas obras maestras, ya que creen que una vez que las posea desaparecerán las pesadillas. Brandt acepta el plan y ellos se cuelan en museos y galerías de arte de todo el mundo. Brandt se convierte en el coleccionista, uno de los delincuentes más buscados.
Duración: 96 min. Xénero: Thriller Fantástico
VIERNES 02AGO
PRAZA INDEPENDENCIA21h30 Mostra dos Videoclips feitos no obradoiro
22h30 Cine con Banda sonora en directo con la Banda de Música de Vilagarcía.
Longametraxe O maquinista da General
Johnny Gray ( Buster Keaton) é maquinista nun estado do Sur e ten dous grandes amores: unha moza ( Anabelle Le) e unha locomotora (A Xeral). En 1861, ao estalar a Guerra de Secesión, Johnny tenta
alistarse, pero o exército considera que será máis útil traballando na retagarda. Con todo, Anabelle cre que é un covarde e rexeitao. O maquinista só poderá demostrar o seu auténtico valor cando un comando nordista infiltrado nas liñas confederadas róubelle A Xeral e rapte a Anabelle. Johnny non dubidará un segundo en subirse a outra locomotora e perseguir aos ianquis para recuperar aos seus dúas amadas.
Duración: 118 min. Xénero: Comedia. Cine mudo
Entrada: Aberta ao público ata completar aforo
00h Pinchada Fin de fiesta con DJ Little
julio, agosto 2019
Publicar un comentario